Cando sexa
árbore, fundirei as miñas
poutas no chan galego e sentirei
o apreixo doce das augas subterráneas do
inverno. Cando sexa árbore abrirei os meus
brazos aos ceos e mentras me arrinca con gracia
as follas do outono, notarei o agarimo do vento.
Cando sexa árbore sentirei a xiada nos meus
brazos como bico da alma da montaña. Cando
sexa árbore estarei perto do sol
e das súas raiolas.
Can
do
sexa carballo
can
tarei
sen
can
ción
Cando sexa árbore.
Gustoume moito =)
ReplyDelete